Os Concellos de Villafranca, Veiga de Espinareda, Candín e Peranzanes ultiman un documento coa Ciuden para investir os primeiros 330.000 euros
O consorcio «Ancares, Reserva da Biosfera» iniciou a redacción dun plan estratéxico para a posta en valor da paraxe natural e o fomento da actividade turística na zona. O documento será remitido á Unesco antes de finais de ano para intentar obter respaldo institucional.
O obxectivo é que o plan estableza accións formativas e actuacións en defensa da conservación das paisaxes e os ecosistemas destes vales da comarca do Bierzo que comparte tamén territorio con Lugo. O documento, no que xa están traballando os Concellos de Veiga de Espinareda, Vilafranca do Bierzo, Candín e Peranzanes tamén debe establecer medidas para fomentar o turismo e o desenvolvemento económico da Serra dos Ancares, segundo adiantou o portavoz do consorcio e alcalde de Veiga de Espinareda, Santiago Rodríguez.
«Hai que presentar un plan estratéxico porque é unha demanda do Ministerio e da Unesco. En seis meses ten que estar confeccionado para polo en marcha canto antes. A idea é impulsar a formación e ver as posibilidades de futuro, que eu creo que son moitas en canto a turismo, natureza, gandería e todo tipo de actividades que axuden a desenvolver a zona», explicou o mandatario municipal.
O consorcio para a protección destes valores naturais bercianos ultima tamén a integración da Fundación Cidade da Enerxía de Ponferrada neste proxecto, para desenvolver iniciativas que contribúan a potenciar a investigación e a mellora da Reserva da Biosfera dos Ancares. O consorcio considera que a entrada da Ciuden pode supor un importante motor para impulsar a Reserva de Ancares, xa que a fundación porá a disposición aos seus técnicos e todo o seu potencial de xestión administrativa ante diferentes organismos públicos.
Tamén concellos próximos como Arganza e Cacabelos mostraron o seu interese de integrarse no consorcio de «Ancares, Reserva da Biosfera», aínda que dependerá da Unesco e do Ministerio de Medio Ambiente. Os primeiros investimentos do Goberno nos Ancares suman os 330.000 euros.
domingo, 15 de agosto de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Al administrador del Blog
ResponderEliminarEntre en el siguiente enlace, un trabajo sobre Ancares que seguro le interesara
http://go2.wordpress.com/?id=725X1342&site=unavueltamejor.wordpress.com&url=http%3A%2F%2Funavueltamejor.files.wordpress.com%2F2009%2F03%2Finforme-ancares-20.pdf&sref=http%3A%2F%2Fplataformarecorridosciclistas.org%2F
Un saludo, Victor
Grazas Victor, vou darlle una ollada
ResponderEliminar