Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?

miércoles, 18 de agosto de 2010

Becerreá rescata unha antiga ruta polo río Donsal

A iniciativa está promovida pola asociación Castaño e Nogueira, da parroquia de Quintá de Cancelada



O campo de traballo internacional de Quintá de Cancelada, situado no concello de Becerreá, rescatará unha antiga ruta, destinada á práctica de sendeirismo. O obxetivo, recuperar o camiño da ribeira do río Donsal, afluente do Navia e un dos moitos camiños castrexos da comarca dos Ancares.
Doce mozos, con idades comprendidas entre os 18 e 32 anos e provenientes de distintos países, levarán a cabo voluntariamente labores de recuperación e dinamización ambiental ao longo de trece quilómetros dunha desaparecida ruta.
TRAZADO
O inicio da futura ruta de sendeirismo está situado a 14 quilómetros da A-6, con saída en Baralla e O CereixalO proxecto foi deseñado polo arquitecto coruñés Xullo López Mouriño, motivado polo valor ambiental da fraga de Baliñas e a zona do río Donsal.
Ao longo da ruta atópanse todo tipo de especies animais e vexetais característicos da zona, entre os que destacan algúns castiñeiros de varios séculos de antigüidade. A rehabilitación do camiño realizarase en tres fases distintas e terminará en 2012. A primeira delas xa se está levando a cabo e consistirá na eliminación da maleza que cobre a zona, deixando á vista o patrimonio paisaxístico e arquitectónico, entre o que se atopan muíños e pontes de distintas épocas.
A segunda etapa ten como obxectivo fundamental a recollida de datos para a elaboración dunha base documental do itinerario. Os voluntarios levarán a cabo a identificación das especies autóctonas e realizarán reportaxes fotográficas acerca das mesmas. A fase final do proxecto centrarase en actuacións concretas sobre a contorna, como a sinalización da ruta segundo o código internacional e a adecuación das pontes.
O campo de traballo non conta con ningunha subvención provincial ou estatal, polo que o aloxamento e comida para os voluntarios son fornecidos grazas a colaboracións de diversas empresas como Gadis, La Caixa e Coca-Cola. Tamén existe a posibilidade de facer doazóns na conta bancaria de Caixa Galicia da Coruña, número 2091.0000.34.3040193083.

No hay comentarios:

Publicar un comentario