A Voz. A noticia saltou como unha bomba no sorteo da pesca fluvial celebrado onte en Lugo. Segundo confirmou o home forte da delegación provincial de Medio Ambiente da Xunta, Jesús Latexes, é moi probable que o río estrela troiteira da provincia, o Navia, sexa vedado na próxima tempada na súa case totalidade.
Salvo os cotos da cabeceira do río, As Nogais e Becerreá, o resto quedaría vedado para a próxima campaña que comeza en marzo. Só falta que o autorice o Comité Galego de Pesca Fluvial na súa reunión do próximo xoves en Santiago. Mentres, a noticia caeu como unha bomba entre os numerosos pescadores que acoden masivamente cada ano a este emblemático curso fluvial desde todos os recunchos de Galicia, Llión, Asturies e Madrid.
Desde Medio Ambiente xustificábase esta medida como da máxima urxencia, baseándose, segundo díllenos en dúas premisas primordiais: unha, a decadente e preocupante escaseza troitera actual, e outra, as consecuencias negativas das obras de remodelación da estrada que une Navia de Suarna e Becerreá. A polémica xa está servida.
sábado, 13 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Me parece buena idea, que lo cierren un año,yo soy pescador y creo que por no pescar un año en un rio no pasa nada, pero sin embargo es una buena opción para el repoblamiento de los rios.
ResponderEliminarTendrian que hacerlo un año con el Ibias,pues se está quedando sin truchas.
Un saaludo.
Hai que facerse á idea de que as truitas xa non son aquel recurso case que inagotable dos nosos ríos. Ninguén colle o touro polos cornos, que non é outra cousa que peñer freno á contaminación, de todo tipo, chámese orgánica, escombros,...No Valcarce, un dos ríos máis troiteiros do Bierzo xa hai anos que, salvo no couto de Perexe, no resto a pesca é sen morte ou tramos incluso vedados, e ninguén morreu por elo.
ResponderEliminarSaúdos.