EFE. O abandono de espazos xa queimados ou a repoboación "ilegal" con especies que favorecen a propagación do lume, son dous dos argumentos que esgrime o colectivo SOS Courel, para acusar á Xunta de que está "empeñada en queimar todo o Courel".

"Esta falta de prevención -advirte o colectivo- con toda a leña queimada seca no monte ardido, fará que o próximo incendio sexa aínda máis catastrófico, á marxe de supor un gran risco para os operarios contra incendios".
Tamén asegura que a Xunta continúa "metendo gasolina" no Courel, ao realizar, na primavera deste ano, repoboacións con "centos de miles de piñeiros".
Por este motivo, explica que tan só a "moita sorte" fixo que neste verán o lume non prosperase nesta zona da alta montaña de Lugo, xa que unicamente rexistrouse un incendio o 13 de agosto no que se devastaron 20 hectáreas de monte, "grazas a que era unha ladeira húmida, con vexetación autóctona sen piñeiros e con biomasa moi aproveitada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario