Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?
Mostrando entradas con la etiqueta ibias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ibias. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de febrero de 2011

Porque chamamos Ancares aos tres lados da serra?

Un dos comentarios que a miúdo fannós, é porque chamamos Ancares aos dous tres lados da Serra, cando Ancares é o topónimo propio do val do río do mesmo nome. Coma se esta fose unha apropiación indebida ou usurpación etimolóxica. Nada mais lonxe da realidade.

Motivos xeograficos

Como ben saberedes, a Serra de Ancares inclúe toda a cordaleira de picos desde Miravales ata Alto do Cebreiro. Representa un conxunto de elevadas superficies culminantes, con altitude entre 1.500 e 2.000 m. Ao sur é fronteira co Courel, de parecida morfoloxía, pero onde hai abundancia de betas calcáreas que fai ter presenza de faiales nas súas terras, algo que escasea nos Ancares. Ao norte fai fronteira con Fonsagrada, onde as altitudes xá baixan e co cordal cantábrico asturiano, onde a orientacion xá é w-e. Ao leste ten a caldeira berciana e o oeste as terras chás de Lugo.

Todos os vales ancaraos teñen orientación horizontal (e-w, w-e) coa única diferenza do Val de Balboa. Como apreciación aos límites físicos dos Ancares, diriamos que as súas fronteiras marcaríaos os ríos; río Navia como limite occidental, o río Ibias como límite ao norte, o río Valcarce ao sur e o río Cúa ao leste. Estes marcan o final de estribaciois altitudinales e o comezo doutras.

Ao igual que moitas outras serras ibéricas, o nome que se decidiu pra definir a toda a cadea de montañas, era a daquel lugar que pola súa importancia económica, poboacional ou xeográfica fora a mais relevante ou coñecida, neste caso, o Val de Ancares.
Temos exemplos de multitude de serras, talles como Bejar (en referencia á cidade), Guadarrama (en referencia ao pobo e o río), Cazorla (Parque Natural que toma o nome da cidade) Aracena (pobo) Ports de Beceite (pobo), e un longuisimo etc.

Motivos Históricos e bibliográficos
Hai moitas referencias históricas á denominación Ancares para a serra en numerosos libros e documentos moi anteriores a finais do século XX.  Baixo varios nomes, Picos dos Ancares, Montes dos Ancares, ou Os Ancares simplemente, ao conxunto das serras entre O Cebreiro e Miravales.

Xá no 1866, no Itinerario descriptivo militar de España, no tomo 7, na paxina 1269 atopamos esta referencia;

"por la quebrada, aspera e inculta descendencia de la Sierra de los Ancares, que divide las aguas..."

Pola mesma década, atopamos en 1867, na Crónica de la provincia de Pontevedra, falando do terreos de lousa da provincia de Lugo, varias referencias a "Picos de los Ancares", como por exemplo na páxina 15, a cita que din o seguinte;

"La mas común es la arcillosa, que se halla a lo largo de estensos valles[..], en Sierra Seca, Picos de Ancares,  Cebrero y otros puntos"

Pero non só na nosa terra atopamos referencias, tamén na Alemania, no "Die Halbinsel der Pyrenäen: eine geographisch-statistische Monographie" do ano 1855, facendo referencia a "Picos de Ancares". 


Asi mesmo temos o libro inglés "A Handbook for Travellers in Spain" do ano 1855, na sua paxina 588, falannos da nosa serra, co seguinte texto; 


Tamén atopamos referencias a Serra de Ancares, no "Oeuvres dramatiques" de Lope de Vega, editado en Paris en 1869, ainda que a referencia mais antiga é "Storia dell'armi italiane" do ano 1796. O feito que a maxoria das referencias sexan do seculo XIX ten que ver co feito do auxe das ciencias como a cartografía, a xeografia, e tamén en parte polo comezo do "montañismo". 
Xá no seculo XX temos miles de referencias a "Serra ou Picos dos Ancares" en moitos idiomas. Sierra de Picos de Ancares (1974), Mammalogical information: Volume 19 (1961), Encyclopedia Britannica (1952), Folklore y costumbres de España, Volume 3 (1943), e un moi longo etc.

Os "Ancares" é orixinalmente rio e val, pero os montes que delimitan Lugo, Ibias e Bierzo serían xa "Picos ou Serra de Ancares" primeiro, e "dos Ancares" despois, por reinterpretar a terminación como desinencia do plural.
Pero todo isto é vello, xá nos tempos dos primeiros peregrins a Santiago de Compostela, conocían os "peligros en las montañas de Ancares y Cebrero", pero bibliograficamente as referéncias son polo menos do século XIX. A comarca administrativa dos Ancares de Lugo si é nova, e correspóndese por extensión coa terras veciñas dos Picos, Montes ou Serra dos Ancares, e ten o seu orixe coa democracia.

domingo, 12 de septiembre de 2010

Ibias, Guía Completa

Dende o blog dos nosos vecins, "Ibias el Lejano Oeste", atopamos que editaron un gran guía completa sobre a comarca dos Ancares asturiais, nela atoparedes rutas, parroquias, aldeas e vilarins, e un longo etc. Mais información no Blog ibiense




viernes, 20 de agosto de 2010

Festa dá Pandeira en Piornedo reune tocadores dos Ancares de Lugo, Ibias e Bierzo

O encontro do instrumento mais tradicional dos Ancares



A pandeira é un instrumento musical parecido á pandereita, pero máis grande e que se toca dun xeito diferente. Nas montañas dos Ancares aínda queda xente que na súa mocidade tocaba este instrumento, un dos máis valiosos da tradición musical galega. Normalmente, eran as mulleres as que a tocaban, sobre todo nos bailes e nas vodas.


Precisamente, o obxectivo deste encontro é reunir a esas tocadoras e recuperar ese folclore que se atopaba no esquecemento, á vez que se valora o esforzo destas mulleres, xa que nalgúns casos percorren moitos quilómetros para estar presentes nesta festa. Para mañá está confirmada a presenza de 11 delas que veñen de Cervantes, Becerreá, Ibias, e dos concellos bercians de Ponferrada, Candín e Veiga de Espiñareda.


O encontro, organizado pola asociación cultural O Teixeiro e o investigador da música tradicional Juanjo Fernández, contará cun xantar no local da asociación no que se renderá homenaxe a todas estas tocadoras


Aquí tedes unha canción de Balouta feita con Pandeiras, polo grupo de Cantareiros Maghúa.

viernes, 23 de julio de 2010

Rio Ibias, rio negro!

No blog dos nosos vecins, Siempre Ibias, atopamos este adelanto do video-denuncia da situacion na que encontrase o concello de Ibias e o rio que dailles nome. 


En Ibias, un concello illado da montaña suroccidental asturiana, tamén conhecidos como os Ancares asturians e marcado por un profundo despoboamento e envellecemento da poboación, tentan sair do seu illamento a través do turismo rural e de disfrute da súa natureza aínda salvaxe e virxe. Mais a contínua e impune contaminación por parte dunhas minas de carbón do seu río, o Río Ibias, a alma deste territorio, fixo erguer aos seus habitantes contra a inxustiza.
O documental pretende ser un relato das
posibilidades turísticas do concello de Ibias, os seus hándicaps territoriais e como a maior empresa radicada no seu espazo pode ser a causante da súa defunción.



Desde aquí o noso apoio a Ibias e os seus habitantes!



Si queredes atopar mais info no blog Plataforma Defensa Río Ibias

jueves, 15 de abril de 2010

Blog Ibias: Oficios antiguos: Echando as Patacas

Blog  Ibias, el lejano Oeste


"...Una labor que se realiza en familia, preparando en primer lugar "as cachas", que son trozos de patatas del año anterior que ya están germinando. Luego, el tractor se encarga de ir arando los surcos donde manualmente se van depositando una a una las patatas. A continuación se las tapa con algo de abono y vuelve a pasar el tractor cubriendo el surco y abriendo uno nuevo..."

seguir leyendo