Reserva da Biosfera da Unesco, (LIC) Lugar de Interese da Unión Europea, (ZEPA) Zona de Especial Protección das Aves, Rede Natura 2000, Zona Protección do Urso (Oso Pardo), ZEPVN Zona Especial Protección dos valois naturais, Reserva Nacional de Caza....

¿CANDO O PARQUE NATURAL?
Mostrando entradas con la etiqueta extincion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta extincion. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de octubre de 2010

O Oso Pirenaico é oficialmente extinguido..

Noticia moi triste da desaparición do hirmá do noso oso cantabrico, o oso pirenaico desapareceu xá pra sempre das nosas vidas, pola nosa culpa. Isto debenos facer pensar que estamos a facer coa nosa natureza...


Artigo en Cronica Verde


"..Parece ser que Camille no supero el invierno que precedió a la entrada del 2008 y todo hace indicar que Aspe Ouest ha seguido su mismo camino este año.

De ser así, con ellos se nos va un ser casi mitológico; el oso pirenaico. Su presencia marco y de que manera a los habitantes de estas montañas, hasta tal punto que los antiguos creían que matar un oso traía mala suerte porque eran nuestros antepasados..."


Artigo Completo

domingo, 15 de agosto de 2010

A extinción do urogallo galego produciuse en apenas tres decenios

O urogallo (Pita de Monte) considérase oficialmente extinguido en Galicia desde o ano 2005 e, a pesar dos esforzos da Xunta, de forma case definitiva, xa que pouco pode facerse para contrarrestar os efectos do cambio climático, causa determinante da desaparición natural da especie en toda a cordilleira Cantábrica. O último exemplar que habitou a nosa comunidade foi probablemente a femia da imaxe, inmortalizada no 2003 nos Ancares, onde o urogallo foi símbolo durante décadas. A imaxe é o símbolo que certifica a extinción real da píta de monte na comunidade.


O autor da fotografía, Jorge Layna, que entón realizaba traballos de seguimento da especie, explica que o quecemento brusco do planeta nas últimas décadas parece ser o responsable da súa extinción. «é un animal adaptado a invernos moi duros e o aumento das temperaturas pode provocar cambios nutricionais nas plantas que constitúen o seu alimento, que á súa vez repercutan na súa capacidade reprodutora. Doutra banda, tamén se observou un atraso xeneralizado do inverno, con primaveras moi chuviosas e máis frías, que afectan á mortaldade nas polladas», matiza Layna.


Hoxe, nos Ancares só quedan dous exemplares de urogallo disecados como trofeo cinexético, que poden visitarse no albergue de Cámpaa de Fieiró. O macho, espectacular polo colorido e tamaño das súas plumas, abateuno o ex presidente da Xunta Manuel Fraga, a principios dos oitenta, cando a poboación ascendía a 50 exemplares. «Un número importante para a superficie dos Ancares», valora Layna, para quen o sorprendente, máis que a propia extinción que podería ser previsible nun prazo máis longo, é o breve espazo de tempo en que se produciu. «En só tres décadas pasamos a non ter ningún urogallo. Chama a atención o esborralle de poboación que se produciu en moi poucos anos, nos últimos oitenta e primeiros noventa, sen que entón puidesen identificarse causas de entidade».


A extinción do urogallo nos Ancares, situados no extremo da súa área de distribución en Europa, ameaza con ser o preludio da súa desaparición en toda a cordilleira Cantábrica, onde a poboación descendeu un 70% desde os oitenta. De feito, o urogallo está practicamente extinguido tamén na parte oriental e central de Asturies, cunha perda de poboación dun 90%, segundo un censo deste ano. Un proxecto Life financiado pola UE achegará sete millóns de euros para evitar que a pita de monte desapareza da franxa cantábrica. E, é máis, para tratar de reintroducirla nalgún dos seus antigos hábitats, como Galicia.


«A medida que as temperaturas foron aumentando, a especie foi desaparecendo da Península, ata localizarse unicamente nos seus sistemas montañosos máis norteños. Hai abundantes referencias literarias que achegan citas de urogallo en sistemas peninsulares fai 100 e 200 anos. Na historia máis recente, só os Pireneos e a cordilleira Cantábrica contaron coa súa presenza», apunta o biólogo Jorge Layna. A Voz