A Casa das Xentes de Balboa acolle esta tarde ás 20.00 horas a presentación da obra
O castiñeiro máis grande da Península está nos Ancares. Trátase dun exemplar que creceu durante décadas, por non dicir séculos, na localidade de Vilar de Acero (Vilafranca), e o seu perímetro é tan grande que unha decena de persoas encadeadas non poderían abarcalo. O castiñeiro O Campano, que así se chama, xunto con outros exemplares relevantes como o denominado O Castiñeiro das Cruces, na localidade dos Ancares lucenses de Murias de Rao, -donde cada vez que pasaba xunto a el un cortexo fúnebre colocaban unha cruz- son algúns das árbores que aparecen no libro Un futuro para o castiñeiro. Estudos sobre o castiñeiro na comarca do Bierzo , elaborado por 25 especialistas e que hoxe se presentará ás 20.00 horas na Casa das Xentes de Balboa.
O libro, publicado dentro do Programa Castanea da Mesa do Castiñeiro do Bierzo, profunda na situación real do castiñeiro na comarca, aconsella medidas para a súa conservación e para que os sotos contribúan ao desenvolvemento das zonas rurais.
As fotografías máis modernas do libro son obra de Isidro Canóniga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario