EFE. O abandono de espazos xa queimados ou a repoboación "ilegal" con especies que favorecen a propagación do lume, son dous dos argumentos que esgrime o colectivo SOS Courel, para acusar á Xunta de que está "empeñada en queimar todo o Courel".
Así o expresou nun comunicado esta asociación, que advirte de que un camiño de Seoane de Courel permanece "totalmente intransitable" pola leña queimada en incendio que sucedeu en febreiro de 2008.
"Esta falta de prevención -advirte o colectivo- con toda a leña queimada seca no monte ardido, fará que o próximo incendio sexa aínda máis catastrófico, á marxe de supor un gran risco para os operarios contra incendios".
Tamén asegura que a Xunta continúa "metendo gasolina" no Courel, ao realizar, na primavera deste ano, repoboacións con "centos de miles de piñeiros".
Por este motivo, explica que tan só a "moita sorte" fixo que neste verán o lume non prosperase nesta zona da alta montaña de Lugo, xa que unicamente rexistrouse un incendio o 13 de agosto no que se devastaron 20 hectáreas de monte, "grazas a que era unha ladeira húmida, con vexetación autóctona sen piñeiros e con biomasa moi aproveitada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario