A Asociación de Pescadores de Navia de Suarna sumouse á iniciativa do Concello e doutras entidades e presentou alegacións contra a construción dun novo encoro que pretende acometer a empresa Saltos do Navia. O escrito xa foi remitido á Confederación Hidrográfica do Norte.  Segundo sinalou o seu presidente, a asociación tamén invita aos seus socios e a calquera persoa a que presente de forma individual máis alegacións. Na súa páxina web,www.rionavia.org , inclúe un modelo de alegación en PDF que pode ser baixado para facilitar a realización do trámite.
"..A Sociedade de Pesca Río Navia oponse enerxicamente ao novo 
intento de construción da presa do Salto do Suarna, cuxa cola 
do encoro chegaría ata a propia poboación de Navia de Suarna,
 e cuxa cabeceira alcanzaría practicamente a cola do encoro 
de Grandas de Salime. As consecuencias ambientais para a 
fauna, a flora e para as nosas queridas amigas troitas Fario, 
serían moi severas se este proxecto sae adiante..."
Estes días en Navia están a xestar a constitución dunha plataforma contra a futura presa.
 
 
 

 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario