http://www.facebook.com/pages/Ancares-Parque-Natural/184948958216218?sk=wall
jueves, 30 de junio de 2011
Os Ancares viven en Facebook!
Ainda que o noso blog non teña moito movimento nos meses anteriores, a paxina en Facebook esta mais viva que nunca, xá chegamos aos limites dos 5000 amigos e agora comezamos unha nova páxina aberta a participación de todos vós! A que estádes esperando pra unirte a nós!
Etiquetas:
amigos,
comunidade,
facebook,
web
miércoles, 6 de abril de 2011
Blog sobre a toponimia dos Ancares Lugueses
Hoxe traémosvos un blog, canto menos impresionante, nun gran traballo de investigación e recompilación de todos os vilares dos Ancares de Lugo, explicando a orixe etimolóxico de cada un deles. Se buscas a túa aldea, seguro que a atoparás, asegúrocho. Ainda que estes termos sexan só dos concellos de Lugo, tamén atopanse moitos deles nos concellos bercians e Ibias. Alguns exemplos;
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com
CAMPO DE RIMAO;
Latín campu, extensión máis ou menos ampla de terreo situado. O elemento rigo- dá nome á divindade celta Rigo-Magus.
O PANDO;
Latín pandu, alusión á forma curva ou cóncava dun terreo.
A PINTINIDOIRA;
Alusión a unha corrente de augas fluviais. Auga revolta
http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com
CAMPO DE RIMAO;
Latín campu, extensión máis ou menos ampla de terreo situado. O elemento rigo- dá nome á divindade celta Rigo-Magus.
O PANDO;
Latín pandu, alusión á forma curva ou cóncava dun terreo.
A PINTINIDOIRA;
Alusión a unha corrente de augas fluviais. Auga revolta
Etiquetas:
blogs,
cartografia,
concellos,
orixe,
toponimos
jueves, 10 de marzo de 2011
As cubertas vexetais no noroeste peninsular
Un gran traballo do etnógrafo Carlos Aenlle sobre os teitos vexetais no noroeste penínsular, na revista Raigame nº20.
O traballo son 33 paxinas, xá que o orixinal estaba nun pdf da revista, e a imposibilidade de poder poñerlo no Blogger, polo seu tamaño (33 megas) poñemos as paxinas nun PDF no que recollese o froito de moitos anos de recompilacion feito polo presidente da asociación Abertal.
Obtivo o primeiro premio na sua categoría pola revista e chega ata vós co permiso do seu autor
domingo, 27 de febrero de 2011
Porque chamamos Ancares aos tres lados da serra?
Motivos xeograficos
Como ben saberedes, a Serra de Ancares inclúe toda a cordaleira de picos desde Miravales ata Alto do Cebreiro. Representa un conxunto de elevadas superficies culminantes, con altitude entre 1.500 e 2.000 m. Ao sur é fronteira co Courel, de parecida morfoloxía, pero onde hai abundancia de betas calcáreas que fai ter presenza de faiales nas súas terras, algo que escasea nos Ancares. Ao norte fai fronteira con Fonsagrada, onde as altitudes xá baixan e co cordal cantábrico asturiano, onde a orientacion xá é w-e. Ao leste ten a caldeira berciana e o oeste as terras chás de Lugo.
Todos os vales ancaraos teñen orientación horizontal (e-w, w-e) coa única diferenza do Val de Balboa. Como apreciación aos límites físicos dos Ancares, diriamos que as súas fronteiras marcaríaos os ríos; río Navia como limite occidental, o río Ibias como límite ao norte, o río Valcarce ao sur e o río Cúa ao leste. Estes marcan o final de estribaciois altitudinales e o comezo doutras.
Ao igual que moitas outras serras ibéricas, o nome que se decidiu pra definir a toda a cadea de montañas, era a daquel lugar que pola súa importancia económica, poboacional ou xeográfica fora a mais relevante ou coñecida, neste caso, o Val de Ancares.
Temos exemplos de multitude de serras, talles como Bejar (en referencia á cidade), Guadarrama (en referencia ao pobo e o río), Cazorla (Parque Natural que toma o nome da cidade) Aracena (pobo) Ports de Beceite (pobo), e un longuisimo etc.
Motivos Históricos e bibliográficos
Hai moitas referencias históricas á denominación Ancares para a serra en numerosos libros e documentos moi anteriores a finais do século XX. Baixo varios nomes, Picos dos Ancares, Montes dos Ancares, ou Os Ancares simplemente, ao conxunto das serras entre O Cebreiro e Miravales.
Xá no 1866, no Itinerario descriptivo militar de España, no tomo 7, na paxina 1269 atopamos esta referencia;
"por la quebrada, aspera e inculta descendencia de la Sierra de los Ancares, que divide las aguas..."
Pola mesma década, atopamos en 1867, na Crónica de la provincia de Pontevedra, falando do terreos de lousa da provincia de Lugo, varias referencias a "Picos de los Ancares", como por exemplo na páxina 15, a cita que din o seguinte;
"La mas común es la arcillosa, que se halla a lo largo de estensos valles[..], en Sierra Seca, Picos de Ancares, Cebrero y otros puntos"
Pero non só na nosa terra atopamos referencias, tamén na Alemania, no "Die Halbinsel der Pyrenäen: eine geographisch-statistische Monographie" do ano 1855, facendo referencia a "Picos de Ancares".
Asi mesmo temos o libro inglés "A Handbook for Travellers in Spain" do ano 1855, na sua paxina 588, falannos da nosa serra, co seguinte texto;
Tamén atopamos referencias a Serra de Ancares, no "Oeuvres dramatiques" de Lope de Vega, editado en Paris en 1869, ainda que a referencia mais antiga é "Storia dell'armi italiane" do ano 1796. O feito que a maxoria das referencias sexan do seculo XIX ten que ver co feito do auxe das ciencias como a cartografía, a xeografia, e tamén en parte polo comezo do "montañismo".
Xá no seculo XX temos miles de referencias a "Serra ou Picos dos Ancares" en moitos idiomas. Sierra de Picos de Ancares (1974), Mammalogical information: Volume 19 (1961), Encyclopedia Britannica (1952), Folklore y costumbres de España, Volume 3 (1943), e un moi longo etc.Pero todo isto é vello, xá nos tempos dos primeiros peregrins a Santiago de Compostela, conocían os "peligros en las montañas de Ancares y Cebrero", pero bibliograficamente as referéncias son polo menos do século XIX. A comarca administrativa dos Ancares de Lugo si é nova, e correspóndese por extensión coa terras veciñas dos Picos, Montes ou Serra dos Ancares, e ten o seu orixe coa democracia.
sábado, 26 de febrero de 2011
O programa Ben Falado visita Os Ancares
O programa "Ben Falado" da TVG visitou estes días Navia de Suarna. O programa dedicado a lingua galega, fixo un especial no que fala do traballo dos mozos naviegos pola recuperación dos topónimos tradicionais ancaraos; praus, montes, camins, etc. baixo a coordinación do CPI de Navia e ENDL do pobo.
"Ben Falado", na súa anterior tempada conseguiu ser un dos programas máis seguidos nas principais Universidades do estranxeiro. Aquí o tedes;
Etiquetas:
ben falado,
navia,
Navia de Suarna,
nomes,
programa,
toponimos,
tvg
Suscribirse a:
Entradas (Atom)