Levamos un tempo recopilando información e imaxes do teitos tradicionais que quedan en pé, pra catalogar e facer unha base de datos das nosas pallozas, horreos, cileiros, palleiros, muíns, etc. que teñen un teito orixinal de palla de centeo.
Comezamos tan só nas zona ancará, pero vindo a importancia e situación de DESAPARICION TOTAL do noso patrimonio, ampliamos tamén a outras zonas como A Fonsagrada-Terras de Burón, Ibias, Somiedo, Degaña, Alto Sil, etc.
Si tedes algunha imaxe ou información que non está na base de datos, por favor enviala a ghaillic@gmail.com ou pon a info nos comentarios de esta entrada. A tua axuda é vital!
Ver Guía de Teitos Vexetais en un mapa más grande
martes, 8 de febrero de 2011
Guia de Teitos Vexetais
Video; We are Ancares!
"We are Ancares" is a promotional video of our country, the galician highlands, Ancares mountains. Enjoy
lunes, 31 de enero de 2011
A ruta de sendeirismo do Río Donsal - Fraga da Valiña
O 7 de novembro de 2010 foi inaugurada unha nova ruta de sendeirismo impulsada, organizada e rozada por iniciativa da Asociación Castiñeiro e Nogueira de Quintá de Cancelada, do concello de Becerreá. A Asociación promoveu e impulsou administrativamente entre outubro de 2009 e marzo de 2010 a rehabilitación e construción dun roteiro por tramos dun antigo "Camín Real de Castela a Galicia", para a práctica do sendeirismo polas marxes do Río Donsal, afluente do Navia, e a súa contorna próxima.
Este proxecto-memoria foi redactado pola Asociación impulsora e o arquitecto do COAG Xullo López Mouriño, o cal foi informado favorablemente polo Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e aprobado por unanimidade pola Comisión de Goberno do Concello de Becerreá o 24 de febreiro de 2010, que o considerou de interese estratéxico.
Voluntariado Internacional
O primeiro tramo do proxecto de carreiro, foi executado coa dirección técnica de devandito colexiado, entre o 8 e o 28 de agosto de 2010, coa participación de voluntarios de 10 países, seleccionados pola ONG "Servizo Civil Internacional" (SCI) e cooperantes locais, mediante a organización dun campo de traballo internacional, que foi un éxito absoluto, do que é proba obxectiva o tramo rozado, limpado e sinalizado polos voluntarios e integrantes comisión organizadora, como puideron constatar nunha visita recente membros dunha brigada de montes, que encomiaron a calidade do tramo, antes nun estado de absoluto abandono e intransitable.
Descrición da ruta polo Club Acivro:
Trátase dunha das rutas máis fermosas que podense realizar no próximo concello de Becerreá, atravesando zonas de gran valor paisaxístico e grandes e valiosos bosques, dando unha idea moi precisa da xeografía, etnografía, flora e fauna deste fermoso espazo natural como son Os Ancares, nas súas cotas máis baixas.
No ámbito natural a ruta resulta preciosa, con gran variedade de elementos, comezando en cotas elevadas sobre os 800 metros de altitude na aldea do Couso, divisando excepcionais vistas de Ancares con diversospobos vilares e vales de ao redor. Ao descender a cotas máis baixas, a senda introdúcese en fermosos bosques con gran variedade de árbores e vexetación moi variada, ademais dalgunha que outra fervenza, que fan desta parte do percorrido unha auténtica delicia pra os sentidos.
Para rematar, no ámbito cultural e etnográfico, visítanse numerosos pobos e aldeas da zona como O Couso, Santa Eulalia, Sevane, Buisán, Balaxaz e Cabana, contemplando elementos tradicionais moi interesantes como diversosmuíños muíns e ouriceiras, algún resto de pallozas. Todos eles elementos destacados da arquitectura tradicional da serra e que ofrecen unha estampa da cultura e modo de vida das xentes da zona.
Distancia:14,5 km
Duración da ruta: 5 horas
Dificultade: Media
Partimos da aldea do Couso, situada a uns 800 metros de altitude, desde a cal pódese obter unha visión fantástica de toda esta parte da serra de Ancares, con numerosos pobos e toda unha sucesión de vales e montañas de perfil suave característicos destarexión comarca. Desde esta aldea comezamos a camiñar por camíns de pouco uso que comezan a descender cara ao val. É importante prestar atención en todo este tramo xa que existen numerosos desvíos que poden facer que equivoquemosnos do camín a seguir. A ruta nesta parte resulta cómoda xa que discorre en descenso ofrecendo ademais grandes vistas que resultan unha delicia para o camiñante.
Bordeamos o monte O Aguillón (844 m.) e chegamos á segunda aldea da ruta; Quintá de Cancelada, interesante aldea situada a 610 m. de altitude con bos exemplos de arquitectura tradicional da zona e que conta con algún resto de palloza, as antigas vivendas de teito de palla de centeo por excelencia da serra, antes presentes na maior parte de Ancares e agora case desaparecidas.
Desde Quintá, proseguimos a ruta camiñando por un carreiro máis estreito que bifurcase e lévanos a media ladeira cunha bonita paisaxe cara ao río Donsal, onde poderemos observar varios e valiosos elementos etnográficos da zona entre os cales áchanse varias ouriceiras, construcións onde almacenabanse os ourizos das castañas para que madurasen e soltasen facilmente o froito; e unha minicentral eléctrica. Tamén alcanzamos a bonita Fonte dous Corzos. Regresamos e volvemos retomar a ruta introducíndonos en belos bosques con gran variedade de vexetación e moitos tipos de árbores, destacando impresionantes castiñeiros.
Saímos á estrada e, logo duns 100 metros, desviámonos de novo por camiños ata chegar a Sevane (576 m.) , bonita aldea no fondo dun val que aínda conserva algún hórreo de palla. Desde aquí seguimos a ruta baixando de novo ata o río, que atravesaremos por dous troncos que fan os labores de ponte. Seguimos polo medio de bosques mixtos e soutos de castiñeiros, sempre nas proximidades do río Donsal, podendo contemplar algúns muíns, ata chegar á aldea de Buisán, onde acabase o carreiro e que conta coa capela de San Xoán, situada nun alto á saída do vilarín. Desde aquí non queda máis que seguir a estrada un tramo ata Balaxaz e finalmente cruzar o río Navia por unha ampla ponte sobre o Navia, pra alcanzar Cabana, punto final do noso percorrido.
Descrición da ruta polo Club Acivro:
Trátase dunha das rutas máis fermosas que podense realizar no próximo concello de Becerreá, atravesando zonas de gran valor paisaxístico e grandes e valiosos bosques, dando unha idea moi precisa da xeografía, etnografía, flora e fauna deste fermoso espazo natural como son Os Ancares, nas súas cotas máis baixas.
No ámbito natural a ruta resulta preciosa, con gran variedade de elementos, comezando en cotas elevadas sobre os 800 metros de altitude na aldea do Couso, divisando excepcionais vistas de Ancares con diversos
Para rematar, no ámbito cultural e etnográfico, visítanse numerosos pobos e aldeas da zona como O Couso, Santa Eulalia, Sevane, Buisán, Balaxaz e Cabana, contemplando elementos tradicionais moi interesantes como diversos
Distancia:14,5 km
Duración da ruta: 5 horas
Dificultade: Media
Partimos da aldea do Couso, situada a uns 800 metros de altitude, desde a cal pódese obter unha visión fantástica de toda esta parte da serra de Ancares, con numerosos pobos e toda unha sucesión de vales e montañas de perfil suave característicos desta
Bordeamos o monte O Aguillón (844 m.) e chegamos á segunda aldea da ruta; Quintá de Cancelada, interesante aldea situada a 610 m. de altitude con bos exemplos de arquitectura tradicional da zona e que conta con algún resto de palloza, as antigas vivendas de teito de palla de centeo por excelencia da serra, antes presentes na maior parte de Ancares e agora case desaparecidas.
Desde Quintá, proseguimos a ruta camiñando por un carreiro máis estreito que bifurcase e lévanos a media ladeira cunha bonita paisaxe cara ao río Donsal, onde poderemos observar varios e valiosos elementos etnográficos da zona entre os cales áchanse varias ouriceiras, construcións onde almacenabanse os ourizos das castañas para que madurasen e soltasen facilmente o froito; e unha minicentral eléctrica. Tamén alcanzamos a bonita Fonte dous Corzos. Regresamos e volvemos retomar a ruta introducíndonos en belos bosques con gran variedade de vexetación e moitos tipos de árbores, destacando impresionantes castiñeiros.
Saímos á estrada e, logo duns 100 metros, desviámonos de novo por camiños ata chegar a Sevane (576 m.) , bonita aldea no fondo dun val que aínda conserva algún hórreo de palla. Desde aquí seguimos a ruta baixando de novo ata o río, que atravesaremos por dous troncos que fan os labores de ponte. Seguimos polo medio de bosques mixtos e soutos de castiñeiros, sempre nas proximidades do río Donsal, podendo contemplar algúns muíns, ata chegar á aldea de Buisán, onde acabase o carreiro e que conta coa capela de San Xoán, situada nun alto á saída do vilarín. Desde aquí non queda máis que seguir a estrada un tramo ata Balaxaz e finalmente cruzar o río Navia por unha ampla ponte sobre o Navia, pra alcanzar Cabana, punto final do noso percorrido.
domingo, 9 de enero de 2011
Video; Vilares e Vilarins 1ª parte
Vilares e vilarins do Parque Natural Etnográfico Os Ancares, dos 3 lados da serra, o lugués, o bercian e o ibiense. Nesta primeira parte atopamos os mais conhecidos;
Piornedo, Balouta, Castelo de Donís, Campo del Agua, O Cebreiro
lunes, 20 de diciembre de 2010
Cómo vivir co frío sen morrer no intento
Artigo no Progreso resumido.
Durante o verán, os gandeiros fan acopio de forraxes. «Cando neva só saímos para atender o gando, pero iso hai que facelo, non pode pasar», explica Celia Pérez.
O INVERNO É A ESTACIÓN DO ANO que menos simpatías desperta. Non hai que ir moi lonxe para atopar esta situación, abonda con achegarse a algunha aldea da montaña de Lugo para atopar xente que se ve obrigada a pasar días sen saír da casa, que non pode traballar e, por suposto, tampouco cobrar, que ten que facer acopio de alimentos e leña para non pasar fame nin frío, nenos que perden medio curso porque non poden chegar á escola e que nin sequera teñen acceso a asistencia médica un día de temporal de neve.
O seu inverno é branco case tódolos días, ben pola neve ou ben polo xeo. Aprenderon a vivir así e non se queixan. Están concienciados. Son conscientes de que viven nun contorno natural privilexiado que esixe determinación para subsistir e moito optimismo.
Os habitantes dos pobos máis altos de Lugo despertan case tódolos días sen saber se vai chegar o panadeiro, se pasará a furgoneta de venda de alimentos a domicilio ou se poderán sacar o gando ós prados. Son cuestións que condicionan o seu modo de vida, o seu traballo, e que os obrigan a ser organizados.
Aínda así, aseguran que o inverno non lles supón gran problema. «Hai que ser previsores», di Celia Pérez, unha veciña de Poso, unha aldea de Cervantes con catro casas habitadas. «Hai que ter leña para quentarse, comida no conxelador e coller herba no verán para as vacas. Con iso podemos aguantar un tempo, ata que limpan os accesos», explica.
O seu veciño Jesús Pérez é da mesma opinión. Apunta que na maioría das casas hai vehículos todoterreo que facilitan o desprazamento incluso coas estradas en malas condicións e que as situacións de incomunicación non son tan frecuentes como hai dez anos, cando os camins eran aínda de terra e non había máquinas para limpar a neve. Pese á mellora dos medios, advirte que «hai que estar preparados. Aquí os turismos non valen e incluso cos todoterreo ou os tractores hai días que non se pode andar», indica.
NENOS SEN CLASE
Os dous nenos que viven en Poso van á escola ó concello veciño de Navia de Suarna porque o colexio de Cervantes lles queda máis lonxe. Un todoterreo recólleos na súa casa para achegalos ata a estrada que une Cervantes con Navia, onde esperan un microbús.
Algúns días, a neve ou o xeo que formase durante a noite impiden que o todoterreo chegue á aldea e os rapaces vense obrigados a coller vacacións. «Eses días quedan sen clase, tampouco podemos levalos nós porque é perigoso. Cando o transporte escolar non pasa non é recomendable circular», indica Jesús Pérez.
Esta situación repítese moitos días do inverno, pero os veciños de Poso aseguran que é asumible tendo en conta as condicións nas que se atopaban antes. «Ata hai dez anos o camiño era de terra e non había medios para quitar a neve», conta Jesús Pérez. Lembra que de neno ía á escola á aldea veciña, Pradela, andando varios kilómetros e incluso cruzando un rego sen ponte. «Tiñamos catro mestras cada ano porque ningunha quería parar aquí. Viñan un mes e dábanse de baixa».
Piornedo cobra vida as fins de semana. As pallozas e a propia neve son un reclamo turístico de excepción que atrae numerosos visitantes, pero por semana non se ve moita xente en ningunha aldea de Cervantes. Cada vez son máis os mozos que marchan e menos os nenos que nacen.
O GANDO
A maioría dos veciños de Poso e Piornedo dedícanse á gandería ou están xubilados. Neve ou quente o sol, os animais teñen que comer, polo que nas previsións de víveres é fundamental lembrarse deles.
Hermelinda Pérez tamén insiste nesta cuestión. «Agora non neva tanto coma antes, pero houbo tempadas de pasar ata 15 días as vacas na corte sen poder saír. Iso era un desastre, tanto para elas como para nós, que tiñamos moito máis traballo para darlles de comer», lembra.
EMERXENCIAS
O mal tempo non só dificulta a vida cotiá na montaña, senón que pode suscitar situacións perigosas en caso de emerxencia. As ambulancias non circulan con neve e os helicópteros non voan nin de noite nin con temporal, polo que atender unha urxencia médica en lugares altos en inverno convértese ás veces nunha misión imposible.
Pero os maiores de Piornedo lembran situacións moito máis dramáticas «cando non había estrada e as nevadas eran de metro e medio». Albino Rodríguez conta que un día «cando era novo» unha veciña de Piornedo sufriu un ataque de apendicite. Había que trasladala a un hospital, aínda non había estrada e o camiño estaba cheo de neve. Un rapaz foi a pé 50 kilómetros, ata Becerreá, para ir buscar o único coche disponible e achegalo todo o posible ó pobo. Mentres tanto, un veciño carpinteiro improvisou unha padiola e o resto dos homes organizáronse para levar á enferma dende Piornedo ata Degrada. Percorreron 18 quilómetros andando pola neve e cargando coa muller, en relevos de catro homes. Salváronlle a vida.
SERVIZOS
Manolo Rodríguez é o propietario do hotel Piornedo e critica a falta de atención á limpeza da estrada que chega á aldea. Pide que as administracións «teñan en conta á xente que aposta por vivir e por ter negocios na montaña». Nesta idea incide tamén Jesús Pérez, quen sostén que «estamos lonxe de todo, moi abandonados, axúdannos moi pouco, non temos nin alcantarillado. Ata deberían pagarnos por vivir aquí».
O que lles sobra é riqueza natural e humana. Non precisan cadros nas súas casas porque o que se ve dende as ventás xa adorna, beben a mellor auga, respiran o aire máis puro, valoran a vida na súa xusta medida e sempre están dispostos a parolar con quen se preste. «Aquí non se molesta, sempre hai tempo», sentencian.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
